Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2026
  • /
  • VOLVE O SERVIZO DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPRGEO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
01/04/2026 16:44:02
  • 2026

Dende ACADAR ponse en marcha o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, co obxetivo de promover a igualdade de oportunidades na participación social e no acceso ao mercado de traballo. 

Este programa desenvolvese grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas contribuintes que na declaración da renda marcaron a X Solidaria. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7 % do IRPF e xestionado por COGAMI como entidade coexecutora. 

O servizo xurde da dificultade de moitas mulleres con discapacidade para a obtención e o mantemento dun emprego, xa que obter unha independencia económica é un factor crucial para acadar unha vida plena e independente. 

O obxectivo principal é mellorar a inclusión sociolaboral e promover o desenvolvemento máximo das capacidades das 35 persoas participantes na mellora da súa autonomía persoal a través dunha atención personalizada e adaptada ás súas necesidades a través de obradoiros e de itinerarios de emprego.

Este ano a intervención levarase a cabo en Santiago, Lugo, Ourense, Carballiño e Silleda. 

A través dos obradoiros búscase: 

  • Mellorar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade. 
  • Promover a adquisición de competencias e habilidades transversais para o emprego. 
  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías da comunicación como ferramentas para a búsqueda de emprego. 

A través de entrevistas individuais e itinerarios personalizados, procurase a mellora das competencias persoais, laborais e sociais das persoas participantes, fomentando a súa autonomía persoal. Estes itinerarios inclúen tamén obradoiros grupais onde o apoio mutuo e a participación social fanse indispensables na consecución dos obxectivo marcados. 

 

ACADAR

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) naceu no ano 2009 en Santiago de Compostela da man de 20 mulleres con discapacidade, converténdose na primeira entidade de Galicia creada especificamente para defender a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade.

Desde entón, ACADAR traballa para promover, coordinar e reivindicar os dereitos das mulleres con discapacidade, impulsando a súa participación plena en todos os ámbitos da sociedade.

As nosas áreas de actuación inclúen:

  • Empoderamento persoal e social.
  • Educación e igualdade.
  • Saúde e sexualidade.
  • Prevención e acompañamento en situacións de violencia.
  • Inclusión sociolaboral e acceso ao emprego.