Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (En diante ACADAR).
CIF: G-70.223.417
Dirección Postal: Rúa Dublín, nº3, Baixos, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 674 073 092
Correo electrónico: protecciondatos@acadar.org
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
En ACADAR tratamos os seus datos persoais facilitados a través do presente formulario coa finalidade de responder á súa consulta e/ou remitirlle a información que nos solicite.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Conservaremos os seus datos persoais en tanto e canto sexan necesarios para responder á súa solicitude de información ou consulta, procedendo á súa supresión unha vez deixan de ter utilidade para a entidade.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento explícito e inequívoco que vostede nos facilita mediante a aceptación explícita desta política de privacidade.
A que destinatarias comunicaranse os seus datos?
ACADAR pode compartir os seus datos persoais con aquelas empresas ou colaboradoras que son esenciais para poder prestarlle o servizo que nos solicita e que teñen a condición de encargadas de tratamento, estas colaboradoras subscribiron un contrato que garante a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos seus datos durante o acceso aos mesmos que realizarán con motivo do servizo prestado.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en ACADAR estamos a tratar datos persoais que lle afecten, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. ACADAR deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos #imperioso, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Se considera que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectado, Vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php)