Transparencia e Bo Goberno

De acordo coa Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a continuación ofrecémosche a información sobre as nosas actividades, contas, etc., ...

Normativa de aplicación:

- Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.

- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

- Toda aquela lexislación que afecta a xestión e ao desenvolvemento das actividades da organización.

 

Para ter acceso a tódolos documentos descargables relacionados ca asociación, diríxete á sección 'Biblioteca'

 

Financiamento público/privado recibido:

Todos os proxectos levados a cabo dende ACADAR contaron co apoio económico tanto das administracións públicas como de entidades privadas, sen as cales, estes non poderían levarse a cabo. Este apoio, tanto público como privado, fai posible o desenvolvemento de actividades en prol das mulleres con discapacidade de Galicia.