Vida asociativa

Dende ACADAR entendemos que a pertenza a un movemento asociativo é fundamental para mellorar os resultados do noso traballo, polo que cremos imprescindible promover o traballo en equipo e xerar alianzas en distintos ámbitos. 

ACADAR está rexistrada no Rexistro Central de Asociacións cun ámbito de actuación autonómico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co número 2009/013595-1 (SC); no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar co número E-5371; no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria co número O-633; e tamén nos rexistros dos concellos de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Ferrol, Narón e Vigo.

ACADAR forma parte da Confederación Estatal de Muller con Discapacidade (CEMUDIS), da Federación provincial de A Coruña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI-CORUÑA), da Federación de Asociacións COGAMI Lugo e Pontevedra, Federación DISCAFIS - COGAMI Ourense e da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural (GDR14).

Administracións Públicas:

  • Consello Galego das Mulleres
  • Observatorio Galego de Violencia de Xénero

Ao mesmo tempo mantemos contactos abertos con outras entidades da discapacidade, feministas, de atención a persoas en risco de exclusión, entidades locais, Centros de Información ás Mulleres (CIM), CRI, etc., … 

 

 

Se queres asociarte a ACADAR, ou colaborar de algún modo coa asociación, preme aquí para contactarnos ou ben accede a sección de 'Contacto'.