ACADAR cree nun mundo accesible para tódalas persoas.
A discapacidade dunha persoa está, moitas veces, relacionada coa accesibilidade que ten para os espazos e recursos da vida cotiá.
ACADAR aplica a normativa estándar WAI (Web Accessibility Initiative) adoptada pola Unión Europea. A nosa páxina cumpre cas pautas de accesibilidade de nivel AA definidas polas normas WAI, cuxa función principal é que o contido poida converterse con facilidade noutros formatos e conseguir que sexa comprensible e navegable.
Grazas a isto, unha persoa con algún tipo de discapacidade como calquera outra que se atope nunha circunstancia que lle dificulte o acceso á información dalgunha páxina web, poida acceder aos contidos con éxito.
A páxina foi deseñada tanto para que se poida cambiar o tamaño do texto no seu navegador como para poder cambialos tamaños dos textos da páxina.
En ACADAR somos conscientes da necesidade de ofrecer a información para todo o mundo.