Dende ACADAR durante 2026 un ano máis imos por en marcha novamente ACTIVA-DAS: "Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade e persoas do colectivo LGTBI.".
Este programa desenvolvese grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas contribuintes que na declaración da renda marcaron a X Solidaria. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7 % do IRPF e xestionado por COGAMI como entidade coexecutora.
O programa ACTIVA-DAS levarase a cabo a través da organización de obradoiros de empoderamento destinados a mulleres con discapacidade nos concellos de Santiago, Xinzo de Limia, Ourense, Pontecesures e A Estrada.
Nos obradoiros participarán un total de 35 mulleres, nos cales se incidirá en diferentes aspectos tales como:
Estes obradoiros permitirán ofrecer acompañamento e formación adaptada ás necesidades reais das mulleres con discapacidade.
ACADAR
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) foi creada no ano 2009 en Santiago de Compostela por un grupo de 20 mulleres con discapacidade, converténdose na primeira entidade galega centrada na defensa da igualdade real e efectiva das mulleres con discapacidade. Desde a súa creación, ACADAR traballa para promover, coordinar e reivindicar os dereitos das mulleres con discapacidade, impulsando a súa plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade.
As nosas principais áreas de acción inclúen:
Empoderamento persoal e social.
Educación e igualdade.
Saúde e sexualidade.
Prevención e acompañamento ante situacións de violencia.
Participación social e accesibilidad.
Inclusión e oportunidade laboral.