Novas

12/01/2026 10:27:22
  • 2026

Neste ano 2026, vamos a dar continuidade ao Servizo Dedaleira, servizo de información, orientación e asesoramento, no cal damos resposta de maneira presencial, telefónica e/ou online as necesidades relacionadas coa sexualidade de persoas con discapacidade.

Continuamos a ser un Servizo único en Galicia, que presta atención a persoas con discapacidade en relación a súa sexualidade.

UNIDADE "QUERELAR"

  • Asesoramento legal ante a sospeita dun feito deletivo contra a liberdade e indemnidade sexual.
  • Acompañamento psicolóxico e sexolóxico coa persoa que o viviu, familia e/ou profesionais con implicación nos feitos

UNIDADE "CO-RESPEITO"

  • Acompañamento psicolóxico e sexolóxico individual ou de parella, en relacións desiguais para a prevención de condutas violentas ou abusivas.

Dende o Servizo DEDALEIRA consideramos fundamental a FORMACIÓN. O dereito a educación sexual é un dos dereitos sexuais e reprodutivos inalienables que posuímos. A pesar disto, o acceso a información de calidade segue a ser un constante obstáculo para as persoas con discapacidade, moitas das veces por consideralas persoas asexuadas. Por isto, poñemos todo da nosa parte para facer efectivo o dereito a educación sexual das persoas con discapacidade, impartindo charlas formativas e talleres en materia de sexualidade adaptadas as necesidades das persoas beneficiarias.

Tamén ofrecemos formacións dirixidas a colectivos que están en contacto con persoas con discapacidade, en materia de sexualidade e discapacidade, co fin de lograr unha mellor atención e apoio para que as persoas con discapacidade poidan vivir a súa sexualidade libre, saudable, pracenteira e o máis autónoma posible.

Ponte en contacto co noso equipo para trasladar que é o que necesitar aprender, cambiar e/ou mellorar e farémosvos unha proposta de contidos e metodoloxía adaptada: será unha formación "a carta"

Ponte en contacto con nós no teléfono 600200022, ou na páxina web www.dedaleira.gal