Novas

23/10/2026 9:01:38
  • 2026

Abordamos as novas tecnoloxías, redes sociais e a violencia sexual dixital cos dous grupos de 3º de ESO


Dende ACADAR levamos a cabo a última sesión de Vio9: Ver para erradicar, con dous grupos de 3º de ESO do IES Poeta Díaz Castro en Guitiriz, Lugo. Centrámonos na prevención das violencias dixitais e o uso responsable das redes sociais e as novas tecnoloxías. 

Ao longo das sesións, o alumnado puido reflexionar sobre as diferentes formas de violencia que poden producirse nas contornas dixitais, prestando especial atención á violencia sexual dixital e ás súas consecuencias, centrándonos na súa relación coas desigualdades de xénero e coa discapacidade. 

Mediante dinámicas participativas, exemplos prácticos e espazos de diálogo, abordáronse situacións cotiás relacionadas coas redes sociais e as tecnoloxías, favorecendo a identificación de condutas de risco, a importancia do consentimento, o respeto á intimidade e os límites persoais na contorna dixital.

Con esta iniciativa, buscamos fomentar unha cidadanía dixital crítica, responsable e igualitaria, proporcionando ferramentas ao alumnado para relacionarse de forma segura e respectuosa tamén nos espazos dixitais.