Novas

07/04/2026 12:25:35
  • 2026

Acadar volve outro ano máis a poñer en marcha o proxecto VIO 9: Ver para erradicar.

Esta iniciativa desenvólvese en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dende o ano 2018. Algún dos seus obxectivos son promover relacións saudables entre o alumnado, a inclusión e o fomento da igualdade de oportunidades, poñendo especial atención ao colectivo de mulleres e nenas con discapacidade. 

Para conseguilo, traballamos cunha metodoloxía dinámica e participativa, adaptada a cada centro e nivel educativo, ás súas experiencias previas e ás demandas do equipo docente. Así, os principais contidos que se abordan son a igualdade, a violencia de xénero e a violencia dixital, dende a teoría da interseccionalidade, cunha linguaxe inclusiva e non discriminatoria. 

Animamos a todos os centros de Educación Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Universidades da provincia de Pontevedra a poñerse en contacto con nós para poder solicitar que os obradoiros sexan levados ás súas aulas, de maneira totalmente gratuita, no número 680 35 37 76 ou no correo electrónico: info@acadar.org