Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2026
  • /
  • Obradoiros de Autoestima, límites, relacións tóxicas e amor romántico na asociación Down A Coruña
27/10/2026 13:31:48
  • 2026

Levamos a cabo a última sesión co segundo grupo de Down en A Coruña

Ao longo das dúas últimas semanas, levamos a cabo dúas sesións dos obradoiros de autoestima, límites, amor romántico e relacións tóxicas co segundo grupo da Asociación Down Coruña, no marco do Programa Dedaleira.

Na primeira sesión abordamos a autoestima, a identidade e as capacidades persoais a través de diferentes exercicios e dinámicas participativas que nos axudaron a recoñecer as nosas cualidades, poñer en valor as nosas fortalezas e fomentar unha mirada máis positiva cara a nós mesmas e nós mesmos.

Na segunda sesión comezamos cunha actividade de repaso sobre a autoestima e, a continuación, afondamos nas relacións tóxicas, en como identificalas, nos mitos do amor romántico e na importancia de establecer e respectar os límites persoais. A través de diferentes dinámicas prácticas, puidemos aplicar os coñecementos adquiridos, compartir reflexións e analizar situacións da vida cotiá.

Dúas sesións de aprendizaxe, reflexión e participación para seguir traballando na autoestima, promover relacións saudables e fomentar o respeto, o coidado mutuo e a capacidade de establecer límites.