Ao longo de estos meses a través do programa ACTIVA-DAS: Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade, estiveronse realizando obradoiros no concello de Santiago de Compostela, no de Pontecesures e no de A Estrada, nos cales participaron 25 mulleres con discapacidade.
No mes de outubro continuaranse realizando obradoiros de empoderamento na provincia de Ourense, concretamente en Xinzo de Limia e en Ourense cidade.
Grazas a quenes marcaron a #XSolidaria na declaración da renda, a asociación ACADAR leva a cabo este programa, a través do cal se acabarán beneficiando máis de 35 mulleres con discapacidade.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106, coñecida como a X Solidaria, e contando coa xestión de COGAMI.