Un ano máis, dende ACADAR, puxose en marcha o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, co obxetivo de promover a igualdade de oportunidades na participación social e no acceso ao mercado de traballo.
Neste ano, 2026, 57 mulleres con discapacidade foron beneficiarias directas de dito programa a través de intervencións específicas en diversas zonas da comunidade: Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, O Carballiño e Silleda.
Por medio de dito programa levaronse a cabo obradoiros nos cales se procuraba:
-Mellorar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade.
-Promover a adquisición de competencias e habilidades transversais para o emprego.
-Fomentar o uso das novas tecnoloxías da comunicación como ferramentas para a búsqueda de emprego.
Tamén, con algunhas das mulleres beneficiarias, se levaron a cabo entrevistas individuais e itinerarios personalizados, procurando a mellora das súas competencias persoais, laborais e sociais, fomentando así a súa autonomía persoal. Neste caso 22 mulleres participaron en itinerarios cun mínimo de 7 actuacións.
Un programa desenrrolado grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas contribuintes que na declaración da renda marcaron a X Solidaria. Cofinanciado pola Xunta de Galicia e xestionado por COGAMI como entidade coexecutora.