Novas

02/10/2026 10:00:11
  • 2026

Finalizamos a formación sobre autoestima, limites e relacións tóxicas en Down Coruña co primeiro grupo.


Ao longo de dúas sesións repartidas en as dúas últimas semanas compartimos co primeiro grupo de Down Coruña un espazo de aprendizaxe e reflexión ao redor da autoestima, os límites privados, o amor romántico e as relacións tóxicas.

A través de diferentes dinámicas e actividades participativas, traballamos aspectos como o coñecemento e valoración dun mesmo, o recoñecemento das nosas capacidades, a importancia de poñer límites e aprender a dicir que non, así como a identificación de comportamentos que poden aparecer en relacións que non son saudables.

Tamén falamos sobre as relacións afectivas e de parella, reflexionando sobre que esperamos dunha relación, que cousas nos fan sentir ben, cales non queremos aceptar e que elementos son importantes para construír relacións baseadas no respecto, a confianza, a igualdade e o bo trato.

As actividades permitíronnos compartir experiencias, expresar opinións, identificar emocións e poñer en común diferentes situacións da vida cotiá, sempre desde un enfoque próximo, participativo e adaptado ás necesidades do grupo.

Un espazo para seguir fortalecendo a autoestima e a autonomía, coñecer mellor os nosos dereitos e aprender a coidar as nosas relacións e, sobre todo, a coidarnos a nós e nós mesmos. 

Estas formacións se levaron a cabo no marco do programa de Dedaleira.