Un ano máis, este 2026, dende ACADAR, puxose en marcha o programa ACTIVA-DAS: "Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade e persoas do colectivo LGTBI".
O programa levouse a cabo a través da organización de obradoiros de empoderamento destinados a mulleres con discapacidade nos concellos de Santiago de Compostela, Xinzo de Limia, Ourense, Pontecesures e A Estrada, contando coa participación neste ano de 45 mulleres:
A través de ditos obradoiros procurase:
-Recoñecer e fortalecer as competencias propias, fomentando a autoestima e o autococepto positivo.
-Dar a coñecer distintas ferramentas e recursos cara a detección e a erradicación dos distintos tipos de violencia que viven as mulleres con discapacidade.
-Incrementar a participación e cohesión de redes de apoio.
-Potencias habilidades sociais e comunicativas.
Un programa desenrrolado grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas contribuintes que na declaración da renda marcaron a X Solidaria. Cofinanciado pola Xunta de Galicia e xestionado por COGAMI como entidade coexecutora.