Novas

27/08/2026 14:52:44
  • 2026

ACADAR pon en marcha, un ano máis, o proxecto Emprego e Saúde a través do Empoderamento para mulleres con discapacidade, en colaboración co Concello de Lugo.

Esta formación é de carácter totalmente gratuito e busca impulsar o benestar, a autonomía e o empoderamento das mulleres con discapacidade. Traballaranse hábitos de vida saudables, autoestima, comunicación, autocoidado e competencias persoais e laborais


Os obradoiros serán unha continuidade dos do ano pasado, e faranse actividades, dinámicas e exercicios novos (dende ximnasia adaptada a prácticas de relaxación e expresión de emocións, incluindo un taller de improvisación, entre outras). 


Levaranse a cabo a partir da segunda semana de setembro, en 6 sesións, de 3 horas cada unha, os días 7, 8, 9, 14 e 15, en horario de 10:30h a 13:30h, e o día 16 en horario de 16:00h a 19:00h, no Centro Social Uxío Novoneyra, (Rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001).

Para poder ampliar información ou resolver preguntas, non dubidedes en contactar connosco!

Convidámosvos a participar!