Novas

21/10/2026 9:14:35
  • 2026

Continuamos desenvolvendo o programa ACTIVA-DAS: “Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade e persoas do colectivo LGTBI”.

En esta ocasión na cidade de Ourense, onde cun grupo de 10 mulleres con discapacidade reforzamos as súas capacidades e competencias,  impulsando a súa autoestima e á autopercepción positiva. E realizando atividades en conxunto que fomenten a colaboración entre as mulleres dando lugar a creación de novas redes sociais.

Damos a coñecer tamén os seus dereitos individuais, así como tamén distintas ferramentas e recursos cara a detección e erradicación dos distintos tipos de violencia, potenciando as relacións basadas no bo trato. A vez que potenciamos as súas habilidades socias e comunicativas e grupais.

Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106, coñecida como a X Solidaria, e contando coa xestión de COGAMI.

Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.