Continuamos desenvolvendo o programa ACTIVA-DAS: “Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade e persoas do colectivo LGTBI”.
En esta ocasión no centro ocupacional LIMISI en Xinzo de Limia (Ourense), onde cun grupo de 8 mulleres con discapacidade reforzamos as súas capacidades e competencias, reforzando a súa autoestima e á autopercepción positiva. Damos a coñecer tamén os seus dereitos individuais, así como tamén distintas ferramentas e recursos cara a detección e erradicación dos distintos tipos de violencia, potenciando as relacións basadas no bo trato. A vez que potenciamos as súas habilidades socias e comunicativas e grupais.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106, coñecida como a X Solidaria, e contando coa xestión de COGAMI.
Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.