Continuamos desenvolvendo obradoiros no marco do noso porgrama ACTIVA-DAS: Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade:
Os días 15, 16 e 17 de abril realizamos diversos obradoiros de empoderamento no concello de Pontecesures.
Grazas a quenes marcaron a #XSolidaria na declaración da renda, a asociación ACADAR inicia este programa, a través do cal se beneficiarán máis de 35 persoas usuarias.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106, coñecida como a X Solidaria, e contando coa xestión de COGAMI.