Os días 7 de outubro, 4 de novembro e próximamente, o 2 de decembro, desenvolvemos charlas no IES A Basella, en Vilanova de Arousa a través do proxecto formativo VIO 9: Ver para Erradicar, dirixido, en este caso, ao alumnado de 1º de E.S.O.
Realízanse tres sesións, nas cales se abordan diversas temáticas:
Sendo estas, unhas charlas dinámicas nas que se invita a realización de reflexións compartidas, buscando que o alumnado verta unha mirada crítica e empática sobre a realidade, promovendo valores como o respecto, a convivencia e a inclusión.
O proxecto busca fomentar unha mocidade máis concienciada, respectuosa e comprometida coa convivencia en igualdade, promovendo espazos educativos libres de violencias baseados no respecto e na inclusión.
Esta iniciativa desenvólvese en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dende o ano 2018.