Novas

16/11/2026 8:53:37
  • 2026

Charla sobre igualdade e orientación sexual ao alumnado de 1º de E.S.O.

O día 10 de novembro comezaron a impartir as charlas do proxecto VIO 9 ao alumnado de 1º E.S.O A e B do CPI Plurilingüe de Vedra, grazas a colaboración da Deputación de A Coruña.

Nesta primeira charla falamos da importancia da igualdade e dos diversos tipos de orientación sexual.

No próximo encontro que será o día 24 de novembro, trataremos os diversos tipos de violencias machistas, incidindo especialmente na violencia de xénero.

E o último encontro será o día 21 de decembro, cunha charla sobre a violencia dixital.

Sendo estas, unhas charlas dinámicas nas que se invita a realización de reflexións compartidas, buscando que o alumnado verta unha mirada crítica e empática sobre a realidade, promovendo valores como o respecto, a convivencia e a inclusión.

O proxecto busca así, fomentar unha mocidade máis concienciada, respectuosa e comprometida coa convivencia en igualdade, promovendo espazos educativos libres de violencias baseados no respecto e na inclusión.