O día 19 de outubro comezou na Estrada, no IES Antón Losada Diéguez, a primeira sesión do proxecto formativo VIO 9: Ver para Erradicar, dirixido a dous cursos de Formación Profesional Básica (FPB) de mecánica e de carpintería, desenvoltos co apoio e financiación da Deputación Provincial de Pontevedra a través da súa Área de Promoción ecónomica e Social.
Nesta primeira sesión falamos sobre igualdade, orientación sexual, discapacidade e interseccionalidade. Nas seguintes semanas voltaremos para falar sobre violencia machista e violencia dixital.
Sendo estas, unhas charlas dinámicas nas que se invita a realización de reflexións compartidas, buscando que o alumnado verta unha mirada crítica e empática sobre a realidade, promovendo valores como o respecto, a convivencia e a inclusión. O proxecto busca fomentar unha mocidade máis concienciada, respectuosa e comprometida coa convivencia en igualdade, promovendo espazos educativos libres de violencias baseados no respecto e na inclusión.
Esta iniciativa desenvólvese en colaboración coa Deputación de Pontevedra, dende o ano 2018.