Novas

28/09/2026 14:33:23
  • 2026

ACADAR achegou ás familias ferramentas para abordar a sexualidade das persoas con discapacidade

O pasado martes, dende ACADAR e no marco do programa Dedaleira, desprazámonos ata o Centro Cívico de Arteixo para impartir unha charla sobre sexualidade e discapacidade dirixida a familias de persoas con discapacidade.

Ao longo da sesión abordamos diferentes cuestións relacionadas coa sexualidade, como os mitos e realidades arredor da sexualidade das persoas con discapacidade, os dereitos sexuais e reprodutivos, as barreiras sociais e as estratexias de intervención para favorecer unha sexualidade saudable e positiva. Tamén tratamos a prevención de condutas problemáticas e a importancia de ofrecer un acompañamento baseado no respecto, a autonomía e os dereitos.

A xornada converteuse nun espazo de intercambio de coñecementos, experiencias e opinións, no que puidemos resolver dúbidas, romper tabús e reflexionar sobre a importancia de recoñecer e promover o dereito de todas as persoas a vivir a súa sexualidade de maneira libre, segura e saudable.

Agradecemos ás familias participantes e á Asociación Incluart por facer posible este espazo de aprendizaxe, diálogo e reflexión.