ACADAR RENOVA A SÚA XUNTA DIRECTIVA NA VI ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2026.- A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) celebrou o pasado venres 22 de maio a súa VI Asemblea Xeral Extraordinaria, desenvolvida en formato telemático, ao remate da XVII Asemblea Xeral Ordinaria.
A reunión serviu para levar a cabo a renovación da Xunta Directiva da entidade para o período 2026-2030, nun proceso marcado pola continuidade do traballo desenvolvido nos últimos anos e pola incorporación de novos perfís ao equipo directivo.
A candidatura presentada e ratificada pola Asemblea está encabezada por Mónica Álvarez San Primitivo, que continuará exercendo a presidencia da entidade. A nova composición da Xunta Directiva queda estruturada do seguinte xeito:
Presidenta: Mónica Álvarez San Primitivo
Vicepresidenta: Juana María Tubío Ordóñez
Secretaria: Marta Núñez López
Tesoureira: Celia García García
Vogalías:
Mª Teresa Lagos Sanmartín
Esther Blanco Araújo
Lorena Quintas Rejo
Laura Quintas Lorenzo
Eva Vázquez Reinaldo
Naiara Goicoechea Montero
María Jesús Pérez Piñeiro
A nova etapa incorpora cambios significativos na estrutura organizativa da asociación, producíndose relevos en distintos cargos da anterior Xunta Directiva. Neste sentido, ACADAR quixo agradecer expresamente o compromiso, o traballo e a dedicación das persoas que cesan nas súas responsabilidades directivas, destacando a súa contribución ao fortalecemento da entidade e á defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en Galicia.
A entidade reafirmou durante a Asemblea o seu compromiso coa igualdade, a accesibilidade, a participación activa e a loita contra as múltiples discriminacións que afectan ás mulleres con discapacidade, apostando por continuar fortalecendo o traballo en rede e a incidencia social e política nos vindeiros anos.
Con esta renovación, ACADAR inicia unha nova etapa centrada en consolidar proxectos, ampliar a participación das socias e seguir sendo unha entidade referente en Galicia na defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade.