Unha axuda dirixida a fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.
A Consellería de Política Social e Igualdade, concede a ACADAR unha subvención para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento da entidade.
Estas axudas foron convocadas pola Consellería de Política Social e Igualdade na Orde de 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A) en réxime de concorrencia competitiva.
O obxecto desta resolución e fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
.jpeg)