Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2026
  • /
  • ACADAR Desenvolve o Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Mulleres con Discapacidade
28/04/2026 13:17:37
  • 2026


O Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade é unha iniciativa dirixida a mellorar as habilidades sociais, formativas e prelaborais das mulleres con discapacidade, adaptándose ás súas necesidades individuais e ofrecendo itinerarios personalizados que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral.

Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como a X Solidaria, e contando coa xestión de COGAMI.

ACADAR está a desenvolver obradoiros específicos dirixidos a mulleres con discapacidade en Santiago de Compostela, no que participan 14 mulleres.

O obxectivo principal destes obradoiros é fomentar a integración social e laboral, reforzando as habilidades persoais, sociais e prelaborais das participantes, e ofrecendo un espazo de apoio, aprendizaxe e desenvolvemento adaptado ás súas necesidades.

Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.