Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2026
  • /
  • ACADAR desenvolve itinerarios de emprego a través do Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Mulleres con Discapacidade.
29/06/2026 13:26:45
  • 2026


O Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade é unha iniciativa dirixida a mellorar as habilidades sociais, formativas e prelaborais das mulleres con discapacidade, adaptándose ás súas necesidades individuais e ofrecendo itinerarios personalizados que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral. 

No marco deste servizo estanse a desenvolver itinerarios personalizados, ofrecendo un acompañamento social e laboral continuo ao longo de todo o proceso. Estes itinerarios combinan intervencións individuais e grupais orientadas ao fortalecemento das competencias básicas e transversais para o emprego, ao desenvolvemento da autonomía persoal, á mellora da empregabilidade e á adquisición de ferramentas para a procura activa de emprego.

Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e conta coa xestión de COGAMI.

O obxectivo principal destes obradoiros é fomentar a integración social e laboral, reforzando as habilidades persoais, sociais e prelaborais das participantes, e ofrecendo un espazo de apoio, aprendizaxe e desenvolvemento adaptado ás súas necesidades.

Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.