O Programa de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade é unha iniciativa dirixida a mellorar as habilidades sociais, educativas e prelaborais das mulleres con discapacidade, adaptándose ás súas necesidades individuais e ofrecendo itinerarios personalizados que faciliten a súa entrada no mercado laboral.
Este programa é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través do 0,7% do IRPF asignado polos contribuíntes que marcaron a casa 106 de "Actividades de interese xeral consideradas de interese social", coñecida como X Solidaria, e está xestionado por COGAMI (Asociación Galega de Persoas con Discapacidade).
ACADAR está a realizar actualmente talleres específicos para mulleres con discapacidade en Silleda no CDR Medelo, nos que participan 9 mulleres.
O obxectivo principal destes talleres é promover a integración social e profesional, fortalecendo as habilidades persoais, sociais e prelaborais das participantes, e ofrecendo un ambiente de apoio, aprendizaxe e desenvolvemento adaptado ás súas necesidades.
Este proxecto reafirma o compromiso de ACADAR coa igualdade de oportunidades, o empoderamento e a inclusión activa das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.