Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2026
  • /
  • ACADAR continúa creando redes entre mulleres con discapacidade nas cidades de Lugo e de Santiago de Compostela
20/10/2026 9:41:09
  • 2026

Durante este ano 2026, ACADAR está levando a cabo o proxecto "Creando en Rede" co que en torno a 50 mulleres con discapacidade das cidades ou entornos próximos de Santiago de Compostela e Lugo participarán en encontros onde se abordan temáticas como os dereitos das persoas con discapacidade, sexualidade e intimidade, consciencia do propio corpo e a mellora das habilidades sociais e comunicativas. Tamén se realizan actividades de ocio e socioculturais, tales como visitas a museos onde se fai unha achega a arte dende un xeito accesible, talleres de baile adaptado ou de manualidades. 

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. Deste xeito, buscase romper o illamento, fortalecer vínculos, fomentar o empoderamento e promover a participación na sociedade, achegándonos a dúas zonas diferentes, como Santiago de Compostela e Lugo, onde os recursos socioculturais, de transporte, sanitarios e comunitarios, son diversos, así como a dispersión xeográfica. 

O obxectivo é crear espazos seguros nos que poder compartir, aprender e construir. Grazas ao apoio e acompañamento que se dan entre as mulleres, contribúese a reforzar a autoestima, previr situacións de violencia e dependencia, favorecendo a inclusión social real. Deste xeito, buscase promover a autonomía, o benestar integral e a participación social de mulleres con discapacidade mediante o deseño, implementación e fortalecemento de redes de apoio constituidas de forma participativa, articuladas en tres eixes de intervención: rede de apoio próxima, rede de apoio comunitaria e desenvolvemento de competencias e habilidades para o benestar social e persoal. 

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.