Novas

24/09/2026 12:13:57
  • 2026

Máis que unha carreira un movemento.

Por oitavo ano consecutivo, ACADAR acompaña a organización da Carreira da Muller, indo moito máis alá do deporte. É unha oportunidade para visibilizar a realidade das mulleres con discapacidade, reivindicar os seus dereitos e compartir un espazo no que a igualdade, a inclusión e a sororidade son protagonistas.

Participar nesta carreira significa correr xuntas por unha sociedade na que todas as mulleres poidamos vivir con liberdade, autonomía e sen violencias, facendo visibles as barreiras e desigualdades ás que aínda se enfrontan moitas mulleres con discapacidade.

Ademais, o apoio á carreira contribúe directamente ao traballo que desenvolve ACADAR. Cada dorsal solidario é tamén unha forma de apoiar os nosos programas, actividades e formacións, que buscan favorecer o empoderamento das mulleres con discapacidade, promover os seus dereitos e avanzar cara á igualdade real.

Levamos oito anos correndo, reivindicando e sumando apoios. Porque cada paso conta e, cando avanzamos xuntas, chegamos máis lonxe.