O Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para mulleres con discapacidade desenvolverase durante todo o 2022 en diferentes zonas de Ferrolterra, Ourense e Pontevedra.
A través de itinerarios personalizados, procurarase promover as capacidades persoais, laborais e sociais das participantes, mellorando a súa autonomía persoal, a súa participación social e, en definitiva, a súa inclusión sociolaboral.
Dito programa está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, a cal é xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), da que ACADAR forma parte.