Novas

30/12/2022 10:23:39
  • 2022

Durante este ano, un total de 38 mulleres foron beneficiarias do Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para mulleres con discapacidade. 

Este servizo é cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, a cal é xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), da que ACADAR forma parte. 

A través de itinerarios personalizados, procurouse a promoción das capacidades persoais, laborais e sociais das participantes, mellorando a súa autonomía persoal, participación social e, en definitiva, a súa inclusión sociolaboral. Estes itinerarios tamén incluíron obradoiros grupais, nos que o reforzo do equipo é un aspecto fundamental para a participación e inclusión. 

Mulleres de Ourense, Marín, Catoira ou Camariñas, entre outros, foron as participantes neste servizo durante o 2022