Novas

21/11/2022 11:00:00
  • 2022

 

 

Recursos pertencentes a historia interactiva dirixida por Lucía Vilela.

Ministerio de Igualdade

- Atención telefónica: 016

- Atención online: 016-online@igualdad.gob.es

- Atención por WhatsApp: 600 000 016

Xunta de Galicia

- Centros de Información ás Mulleres (CIM):

Servizo gratuíto de información a mulleres que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e información en materia de recursos.

Páxina web: CIM

- Teléfono da Muller:

Servizo gratuíto e anónimo que funciona 24 horas ao día e está dispoñible en 51 idiomas. As mulleres con xordeira que precisen usalo poden facelo a través de bildtec.

Teléfono: 900 400 273

- Atención psicolóxica a mulleres que viven situacións de violencia de xénero:

Servizo de atención psicolóxica gratuíta para mulleres que viven violencia de xénero, as súas crianzas menores de 18 anos ou calquera outra persoa que dependa da muller. O seu acceso é anónimo e dispoñible 24 horas.

Teléfono: 629 777 595

- Asesoramento Xurídico online:

Servizo gratuíto en materia de información e asesoramento xurídico sobre diversidade de cuestións entre as que destacan a violencia de xénero, o acoso sexual e as discrminiacións por razón de sexo, entre outras.

Páxina web: Asesoramento online

- Centro Quérote +:

Información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o cremento persoal.

Páxina web: Quérote +

Outros recursos

- Fundación ANAR:

Especializada en axudar a nenas e nenos e adolescentes que vivan violencia de xénero, acoso escolar ou calquera outro que vulnere os seus dereitos.

Teléfono: 900 202 010

Páxina web: www.anar.org

Lembra que se estás vivindo calquer tipo de violencia podes contactar con ACADAR a través de:

Teléfono: 674 073 092
E-mail: info@acadar.org
Facebook: ACADAR | Facebook
Instagram: ACADAR | Instagram