Novas

17/10/2022 12:35:00
  • 2022

Recursos pertencentes a historia interactiva dirixida por Noemí Chantada.

Ministerio de Igualdade

- Atención telefónica: 016

- Atención online: 016-online@igualdad.gob.es

- Atención por WhatsApp: 600 000 016

Ministerio do interior

- Recurso da Policía Nacional para facilitar a colaboración da cidadanía e a denuncia (anónima e confidencial) de delitos relacionados ca trata de persoas con fins de explotación sexuals. Non deixa pegada na factura telefónica.

Teléfono: 900 105 090

E-mail: trata@policia.es

Xunta de Galicia

- Centros de Información ás Mulleres (CIM):

Servizo gratuíto de información a mulleres que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e información en materia de recursos.

Páxina web: CIM

- Teléfono da Muller:

Servizo gratuíto e anónimo que funciona 24 horas ao día e está dispoñible en 51 idiomas. As mulleres con xordeira que precisen usalo poden facelo a través de bildtec.

Teléfono: 900 400 273

- Atención psicolóxica a mulleres que viven situacións de violencia de xénero:

Servizo de atención psicolóxica gratuíta para mulleres que viven violencia de xénero, as súas crianzas menores de 18 anos ou calquera outra persoa que dependa da muller. O seu acceso é anónimo e dispoñible 24 horas.

Teléfono: 629 777 595

- Asesoramento Xurídico online:

Servizo gratuíto en materia de información e asesoramento xurídico sobre diversidade de cuestións entre as que destacan a violencia de xénero, o acoso sexual e as discrminiacións por razón de sexo, entre outras.

Páxina web: Asesoramento online

- Centro Quérote +:

Información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o cremento persoal.

Páxina web: Quérote +

Outros recursos

- Asociación Abuso e Maltrato Infantil NON (AMINOGAL) en Galicia:

Prevención, detección e asesoramento en situacións de maltrato á infancia e adolescencia. Axuda e apoio a familias.

Teléfono: 604 033 699

Páxina web: www.aminogal.es

Lembra que se estás vivindo calquer tipo de violencia podes contactar con ACADAR a través de:

Teléfono: 674 073 092
E-mail: info@acadar.org
Facebook: ACADAR | Facebook
Instagram: ACADAR | Instagram