Ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2021, en ACADAR podemos contar dende mediados de decembro cunha psicóloga en Santiago e unha traballadora social en Ferrol.
Subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, este Programa ten por obxecto o fomento do emprego das persoas desocupadas, mellorando as condicións do mercado de traballo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta iniciativa permite que as persoas traballadoras poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
En ACADAR, as técnicas desenvolverán accións enmarcadas no Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade que inclúen, entre outras, accións de prevención e sensibilización en materia de discapacidade, Igualdade e prevención da violencia dirixidas á poboación en xeral, análise e avaliación de necesidades e demandas das mulleres usuarias, así como o deseño de proxectos de intervención cando proceda, realizando seguimentos e avaliación dos mesmos. Tamén serán partícipes doutras actividades que a entidade organice e/ou estea involucrada.