Co apoio da Deputación da Coruña máis de 200 rapazas e rapaces participaron no proxecto "VIO7: Ver para erradicar"
Leváronse a cabo varias sesións formativas nas que foron abordadas cuestións como o xénero e discapacidade (a perspectiva de xénero e as consecuencias na sociedade, a importancia do uso da linguaxe con perspectiva de xénero e a teoría interseccional) e a violencia de xénero cara as mulleres con discapacidade (definición da violencia, tipos, ciclo da violencia).
Nas sesións formativas faise fincapé na importancia do emprego dunha linguaxe inclusiva e non discriminatoria, que trate por igual a todas as persoas, con independencia do seu sexo e as súas características persoais.
Durante todo o proxecto, lévase a cabo un proceso de avaliación continua das sesións a través da observación e o diálogo co alumnado e o equipo docente. Promóvese a participación das persoas e o foméntase o pensamento crítico, enfocado ao debate entre as persoas asistentes, xerando así a oportunidade de non soamente adquirir e interiorizar coñecementos se non tamén avaliar os mesmos
Nesta edición, os centros que acolleron estas formacións foron os IES de Melide, CPI Antonio Orzo Couto de Boqueixón e CIFP Compostela de Santiago.