Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2022
  • /
  • Máis de 150 alumnos e alumnas participan do proxecto VIO7: Ver para erradicar na provincia de Lugo
26/12/2022 14:57:41
  • 2022

Máis de 150 alumnos e alumnas de centros da provincia de Lugo participan nos seminarios de sensibilización do proxecto VIO7: Ver para erradicar.

Este proxecto desenvólvese coa colaboración da Deputación de Lugo, e foi levado a cabo por primeira vez no ano 2018. O fin último é promover relacións saudables entre o alumnado, fomentar a igualdade de oportunidades, o sentimento de cidadanía e a inclusión de todas as persoas con independencia das características que definan ás mesmas. 

Para isto, a través dunha metodoloxía dinámica e participativa foron abordados diferentes contidos que se traballaron con maior ou menos profundidade en función da idade do alumnado, dos coñecementos previos e das demandas do equipo docente para incluír contidos relacionados. Así, os contidos tratados conceptos básicos de xénero e discapacidade, a socialización diferencial e perspectiva de xénero, a violencia de xénero, a teoría da interseccionalidade e a linguaxe inclusiva e non discriminatoria. 

Nesta edición de 2022 participaron tres Institutos de Educación Secundaria: IES Sanxillao da cidade de Lugo, IES Do Camiño en Palas de Rei e o IES Lama Das Quendas en Chantada.