Novas

20/12/2022 15:03:50
  • 2022

20 mulleres con discapacidade participaron nos obradoiros dunha nova edición do proxecto "Empoderar para decidir". Contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra, este proxecto vense levando a cabo dende o ano 2017, sendo Vigo e Marín as localidades para realizar a actividade este 2022.

As mulleres con discapacidade experimentan maiores posibilidades de exclusión social e/ou vivencias de vulnerabilidade que afectan negativamente sobre a súa calidade de vida e benestar emocional. Por esta razón, é necesario adoptar medidas específicas que traballen sobre a raíz do problema, á par que facilitar recursos e ferramentas ás mulleres para que enfronten ás dificultades coas que se atopan. Así, de forma dinámica e participativa a partir das propias experiencias e vivencias foron elas o elemento activo e protagonista das sesións, posto que esta metodoloxía impulsa o empoderamento e, polo tanto, o seu crecemento persoal. 

Igualdade, habilidades sociais, ferramentas para a prevención e detección de violencia ou competencias dixitais foron algunas das temáticas abordadas nos obradoiros levados a cabo entre os meses de outubro e decembro.