Chegamos ao remate do proxecto "EMPREGO E SAÚDE A TRAVÉS DO EMPODERAMENTO", proxecto levado a cabo por ACADAR e en colaboración co Concello de Lugo, no que se desenvolveron catro obradoiros temáticos creativos que foron dirixidos a mulleres con discapacidade da localidade lucense; durante os meses de outubro e novembro.
Os obradoiros tiveron diversas temáticas orientadas ao empoderamento das mulleres con discapacidade, a través da promoción do emprego, a saúde, a sexualidade e a prevención das distintas formas de violencia cara as nenas e mulleres con discapacidade:
Dende ACADAR queremos agradecer ao Concello de Lugo a súa implicación e colaboración, así como tamén a todas as mulleres que participaron nos obradoiros.
Grazas!