Novas

02/05/2022 10:59:02
  • 2022

Comunica a Conciencia é un proxecto financiado pola Fundación ONCE que ten como obxectivo sensibilizar, concienciar e fomentar o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria como ferramenta de cambio en colectivos profesionais. Por quinto ano consecutivo, e ata finais de setembro, ACADAR levará a cabo distintas actividades de concienciación sobre a linguaxe inclusiva.

Este ano, en base á boa acollida das pasadas edicións, poñemos en marcha o curso online de linguaxe inclusiva e non discriminatoria que se levará a cabo unha vez máis a través da plataforma Moodle, coa finalidade de sensibilizar, concienciar e fomentar o emprego dunha linguaxe que inclúa e non discrimine, como ferramenta de cambio cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Outro punto a destacar do proxecto é que volverase a contar coa aplicación informática, Xanela Inclusiva, corrector de estilo para Word e LibreOffice, que detecta a linguaxe sexista e discriminatoria para reformulala en linguaxe inclusva.

 

Moitísimas grazas a todas as persoas por participar!