Un ano máis a Deputación de Pontevedra apoia á ACADAR no desenvolvemento de "Mochilas lilas: programa para a prevención da violencia de xénero"
Nesta ocasión os centros nos que se realizaron as actividades foron o CEIP Vigo de Redondela, o CEIP Coutada-Beade de Vigo e o CEIP Mestre Manuel García de Oia, nos que co alumnado e a través dunha metodoloxía dinámica e participativa baseada no xogo e no debate procuroouse fomentar relacións baseadas no respecto sensibilizando en igualdade de xénero, igualdade de oportunidades e a prevención da violencia.
Mochilas Lilas é de carácter continuísta. Leva dende 2019 contribuíndon a formación e educación de alumnado de Educación Infantil e Primaria, facendo fincapé en torno aos conceptos de discapacidade, igualdade e violencia de xénero. Pretende contribuír na formación de crianzas informadas e polo tanto máis críticas coas desigualdades e violencias machistas, sendo o obxectivo xeral fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia cara ás mulleres, facendo fincapé nas violencias vividas polas nenas e mulleres con discapacidade.
Este 2022, o alumnado participante no programa ascendeu a 265 personas.