A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade, vén de conceder a ACADAR por concorrencia competitiva unha axuda económica de 4.000 € para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
Estas axudas foron convocadas en resolución do 21 de abril de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2022 (DOGA nº 89 do 9 de maio de 2022).
O obxecto desta resolución é convocar axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través de dúas liñas: