Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2022
  • /
  • ACADAR adquire equipos informáticos para poder desenvolver o seu traballo a través do Proxecto Reforzando equipo: adquisición tecnolóxica
09/02/2022 13:48:39
  • 2022

ACADAR foi dotada de equipos informáticos nas distintas delegacións da entidade coa finalidade de garantir a xestión operativa dos mesmos e facilitar a comunicación e coordinación entre as diferentes persoas integrantes do equipo de cara a ofrecer un servizo de calidade.

A utilización das TIC ten cada vez máis importancia, non só a nivel profesional senón que persoal, feito que se viu intensificado trala chegada da COVID-19 en 2020. Para as entidades sociais como ACADAR, son unha alternativa real como estratexia de atención a medio e longo prazo. O seu emprego permite implementar un novo modelo de asistencia, especialmente cando falamos de mulleres con discapacidade, podendo prestar servicios cando existe dificultade de facelo presencialmente.

ACADAR aposta pola dixitalización dos seus servizos e a implementación de novas formas de traballo que permitan unha aproximación real ás mulleres con discapacidade.

O programa grazas ao cal a entidade adquiriu equipos tecnolóxicos está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia cal é xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade(COGAMI), da que ACADAR forma parte.