A través da resolución do 15 de xuño de 2022 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas alfomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marcodel programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta de a UE á pandemia da COVID-19, e convócanse para o ano 2022 varias entidades, entre as que figura ACADAR viron incrementadas o seu equipo.
Esta resolución establece as bases reguladoras e convocar para 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a financiar a contratación por parte das entidades sen ánimo de lucro de mulleres que viven violencia de xénero (ao amparo do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero) ata un máximo de 12 mensualidades co obxectivo de mellorar e facilitar a inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas muejres cuxa situación se viu agravada como consecuencia da crise ocasionada pola pandemia da COVID-19.
Así, por medio desta convocatoria as entidades obteñen axudas para a contratación por conta allea de mulleres que viven violencia de xénero, contribuindo a que as mulleres alcancen unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, e reforzando, ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
O crédito orzamentario desta convocatoria son 550.000 €, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2022. Estas axudas son financiadas con fondos REACT-UE no marco do PO FSE Galicia2014-2020 nunha porcentaxe do 100 %, a través do obxectivo temático 13 "Favorecer lareparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía"; prioridade de investimento 13.1 "Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía"; obxectivo específico 13.1.2 "Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza" e liña de actuación 122 -Apoio á inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.