Servizos

Formación e sensibilización

Conscientes de que as necesidades específicas das nenas e mulleres con discapacidade non estaban cubertas nin tidas en conta por parte da sociedade actual, púxose a disposición das mesmas, a ferramenta máis axeitada para promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade: a asociación. Dende ACADAR impártese formación dende diferentes áreas:

Así mesmo, dende ACADAR tamén se busca a sensibilización do alumnado universitario, posto que serán os futuros profesionais e axentes de cambio. É necesario mudar a ideoloxía que a sociedade ten sobre a discapacidade. De igual modo, incídese nos centros educativos, pois considérase fundamental para fomentar unha educación e crianza en igualdade de condicións e oportunidades dende esta etapa.

Se queres coñecer que formación estamos impartindo na actualidade ou a que se vai impartir proximamente, fai clic aquí para ver os nosos proxectos e programas.

¿máis información?

Se desexas máis información sobre o servizo, cubre o seguinte formulario e informaremoste na maior brevedade