Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2025
  • /
  • Volve o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para Persoas con Discapacidade
10/06/2025 14:57:47
  • 2025

Dende ACADAR volve a poñerse en marcha o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, unha iniciativa dirixida a mellorar as oportunidades formativas, sociais e laborais das persoas con discapacidade.

Este programa é posible grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron na declaración da renda o cadro 106 “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e que son xestionados pola Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF, xestionado por COGAMI.

Obradoiros  para mulleres con discapacidade

No marco deste servizo, ACADAR ten previsto levar a cabo obradoiros específicos nos concellos de Lalín, Santiago e A Estrada, co obxectivo de fomentar a súa integración social e laboral. Dirixido a mulleres con discapacidade, as participantes nestas accións formativas, traballarán competencias persoais, habilidades prelaborais, reforzo da autoestima e ferramentas para mellorar a empregabilidade.

Sobre ACADAR

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) naceu no ano 2009 en Santiago de Compostela da man de 20 mulleres con discapacidade, converténdose na primeira entidade de Galicia creada especificamente para defender a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade.

Desde entón, ACADAR traballa para promover, coordinar e reivindicar os dereitos das mulleres con discapacidade, impulsando a súa participación plena en todos os ámbitos da sociedade. As nosas áreas de actuación inclúen:

  • Empoderamento persoal e social
  • Educación e igualdade
  • Saúde e sexualidade
  • Prevención e acompañamento en situacións de violencia
  • Inclusión sociolaboral e acceso ao emprego