Dende ACADAR una ano máis ponse en marcha o Programa ACTIVA-DAS: “Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade”, unha iniciativa destinada a fortalecer a autonomía persoal, a confianza e as habilidades sociais das mulleres con discapacidade, favorecendo a súa participación plena e activa na sociedade.
Este programa é posible grazas aos fondos do 0,7 % do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que na declaración da renda marcaron o cadro 106 “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”, coñecido como X Solidaria, e que son xestionados pola Xunta de Galicia.
Obradoiros de empoderamento
No marco do programa ACTIVA-DAS, ACADAR está previsto desenvolver obradoiros específicos de empoderamento para mulleres con discapacidade nos concellos de Lalín, Santiago e Silleda.
Participan un total de 35 mulleres, cas que se traballará en áreas como:
Estes obradoiros permitirán ofrecer acompañamento e formación adaptada ás necesidades reais das mulleres con discapacidade.
ACADAR
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) foi creada no ano 2009 en Santiago de Compostela por un grupo de 20 mulleres con discapacidade, converténdose na primeira entidade galega centrada na defensa da igualdade real e efectiva das mulleres con discapacidade.
Desde a súa creación, ACADAR traballa para promover, coordinar e reivindicar os dereitos das mulleres con discapacidade, impulsando a súa plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade.
As nosas principais áreas de acción inclúen: