Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2025
  • /
  • Proxecto ACADAR 3.0: Mellora dos recursos dixitais para unha atención de calidade
08/07/2025 13:25:40
  • 2025

En ACADAR estamos a desenvolver o Programa ACADAR 3.0 Mellora dos recursos dixitais para unha atención de calidade. Este programa, desenvolvese en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade - COGAMI- e está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos que chegan do 0,7 % do IRPF, de todas aquelas persoas contribuíntes que na declaración da renda marcaron o cadro 106 de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social", coñecido como X Solidaria, e que xestiona a Xunta de Galicia.  A través de este proxecto adquiriuse material informático e dixital así como didáctico que permite dar unha formación e atención máis integral e de calidad nos obradoiros e nas actuacións que leva a cabo a entidade.

Quen somos?

ACADAR, primeira asociación galega creada por e para mulleres con discapacidade (2009), traballa día a día pola igualdade real, a defensa dos dereitos, o acceso ao emprego, a participación social e a protección fronte á violencia de xénero. Declarada de entidade de Utilidade Pública, activa en toda Galicia e presente nos principais órganos e redes de representación das mulleres con discapacidade.