A entidade tivo un stand durante a xornada para dar a coñecer as actividades que desenvolve
O domingo 16/03/2025, o Concello de Meis organizou dentro dos actos programados con motivo do 8M, unha andaina .
A andaina cunha dificultade moderada, percorreu 5 km, sendo este o seu carto ano de celebración e nesta ocasión, os beneficios recadados pola inscrición na devandita marcha destináronse á Asociación Galega de Mujeres con Discapacidade (ACADAR).
ACADAR estivo durante a mañá acompañando á organización do evento, tendo un stand no que se puido coñecer de primeira man o seu traballo en toda a Comunidade para favorecer a plena participación de nenas e mulleres con discapacdiade a traves do apoderamento así como a loita para a eliminación de calquera forma de violencia.
Dende ACADAR queremos agradecer o apoio do Concello de Meis destinando os fondos recadados á nosa entidade así como a visbilización da entidade e da realidade das nenas e mulleres con discapacidade.
.png)
.png)