MANIFESTO 8M
Día Internacional da Muller
#8M #TODOSOSDEREITOS #TODASASMULLERES
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2025
“A loita polos dereitos das mulleres non é só unha cuestión de igualdade, senón unha cuestión de xustiza e liberdade”, afirmou Clara Zetkin, activista e teórica do feminismo, e, como cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, alzamos a voz para reivindicar os nosos dereitos: esixindo que se protexan fronte a todo tipo de discriminación; pedindo que a igualdade se fomente para transformar a sociedade; impulsando o apoderamento para garantir a nosa participación plena.
Este 2025 cúmprese o 30º aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, un ano clave para lembrar a importancia dun acordo que marcou un punto de inflexión na historia da loita polos dereitos das mulleres e nenas a nivel mundial. Os acordos acadados sentaron as bases para que as políticas públicas fixaran obxectivos en áreas chave das nosas vidas, como a saúde, a educación, a participación política ou a eliminación da violencia cara as mulleres e nenas. Os Estados comprometéronse a lexislar e investir en favor dunha igualdade real que, 30 anos despois, seguimos sen acadar.
E é que a Declaración e Plataforma de acción de Beijing, que foi adoptada por 189 Estados, segue constituíndo o documento máis progresista e protector dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, poñendo por primeira vez sobre a mesa a realidade, así como a necesidade de atender os dereitos das nenas e mulleres con discapacidade para promover a nosa participación en igualdade de condicións.
Este documento defende que os nosos dereitos non son alleos nin deben ser tratados de xeito separado ao do resto das mulleres. Supón unha marca importante para o feminismo, conformando que todas as mulleres debemos estar unidades nas nosas reivindicacións para eliminar a sociedade patriarcal e avanzar cara un modelo máis xusto no que todas as persoas teñamos os mesmos dereitos e oportunidades.
Neste sentido, a axenda política global, seguiu esta folla de ruta. Aínda que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas seguen presentando grandes retos e desafíos para a comunidade internacional. A consecución dos ODS soamente será posible se as mulleres e nenas pasamos a ser protagonistas da historia, isto require que se poña especial atención na defensa e protección dos dereitos fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Somos nosoutras quenes vivimos unha discriminación interseccional que incide de maneira directa na nosa situación de vulnerabilidade, limitando os nosos dereitos e perpetuando un sistema patriarcal.
No caso de España, dende ACADAR e o movemento asociativo das mulleres con discapacidade celebramos o avance lexislativo que supuxo a reforma do artigo 49 da Constitución o pasado ano, un recoñecemento ás nosas reivindicacións e un gran paso na salvagarda dos nosos dereitos. O cambio de paradigma respecto ao emprego da expresión “persoas con discapacidade” antepuxo, por primeira vez, o recoñecemento como titulares de dereitos. Ás mulleres con discapacidade non nos define o feito de ter unha discapacidade, é unha condición máis que, ata agora, era considerada de xeito pexorativo. Transformar a linguaxe supón evolucionar, ampliar a mirada, cambiar o imaxinario colectivo e, por tanto, a nosa realidade.
Xunto a isto, e relacionado coa necesidade de protexer os dereitos das mulleres e nenas con discapacidade, dende ACADAR e CEMUDIS queremos poñer o foco na normalización que segue a existir fronte a vulneración dos dereitos das nenas e mulleres respecto ao exercicio da xustiza. A análise do seu estado reflicte como, dende a xudicatura, perpetúanse prexuízos que obvian os dereitos fundamentais das mulleres.
Por último, este 8M, e en base ao impulso ao empoderamento das mulleres e nenas con discapacidade como contexto, cremos preciso tratar o prexuízo que existe no desenvolvemento da Intelixencia Artificial (IA). O impacto da IA nas nosas vidas é latente, e preocúpanos a falta de regulación que hai. Se ben o seu potencial é indiscutible, a necesidade de establecer límites éticos tamén. O prexuízo que denunciamos débese, entre outros factores, á falta de representación das mulleres no sector da computación e da codificación, onde as mulleres representan o 12% do persoal que investiga en IA e só o 6% as que se dedican á programación, o que supón que o 88% dos algoritmos son creados por homes. Isto tradúcese en que as aplicación da IA reproducen os estereotipos de xénero que impregnan a sociedade. O sexismo, así, trasládase ás novas aplicación, reproducindo e reforzando a discriminación interseccional que vivimos as mulleres e nenas con discapacidade. Segundo datos do estudo Autopercepción da imaxe das mulleres nos novos espazos dixitais, as mulleres con discapacidade estamos “profundamente invisibilizadas”.
Ademais, hai que considerar o impacto da desinformación e os deepfakes ligado ao crecemento da IA, o que se traduce nunha normalización da violencia, afianzando un relato no que os novos sistemas de representación transmiten unha visión distorsionada da realidade, chegando incluso a posturas negacionistas respecto á ciberviolencia.
Por todo isto, ACADAR e CEMUDIS e todas as entidades confederadas, reivindicamos:
#8M