Novas

23/10/2025 11:35:51
  • 2025

O Programa de Emprego e Saúde a través do Empoderamento nace coa finalidade de favorecer o desenvolvemento integral das mulleres con discapacidade do Concello de Lugo, ofrecendo espazos formativos, participativos e accesibles que fortalecen as súas capacidades persoais, sociais e prelaborais.

A través de diferentes obradoiros e accións transversais, o programa busca impulsar a autonomía, o benestar e a igualdade de oportunidades, proporcionando ferramentas útiles para a vida diaria, a participación comunitaria e a inserción laboral.

Obxectivos do programa

  • Promover hábitos de vida saudables nas mulleres con discapacidade.
  • Fortalecer competencias persoais e laborais, como a comunicación, a autoestima, o autocoidado ou a autonomía.
  • Dotar de habilidades para a procura de emprego, incluíndo o uso adecuado das TICs e a mellora do manexo das tecnoloxías.
  • Informar e sensibilizar sobre os diferentes tipos de violencias, con especial atención á violencia dixital.
  • Fomentar a participación social e o sentimento de pertenza dentro da comunidade.

Entre as accións realizadas, levouse a cabo recentemente unha sesión de ximnasia adaptada 2.0, orientada á mellora da saúde física, a mobilidade e o benestar das participantes, que apoia iniciativas dirixidas a promover a saúde, a inclusión e a igualdade real das mulleres con discapacidade.